
Este Blog é un medio de comunicación entre o Partido Popular de A Pontenova e calquera outra persoa que desexe saber, valorar e coñecer o traballo que os homes e mulleres do Partido Popular estamos a facer para mellorar o noso pobo.
Este Blog sírveche ademais para poderte comunicar con nós, para poder dar a túa opinión, tanto en positivo como en negativo sobre a nosa xestión política e para facernos chegar todas aquelas suxestións que consideres oportunas.
A nova Executiva do Partido Popular, que encabezo, ten claros uns principios, entre os que destacan a do traballo e a de que estamos na política para servir aos/ás nosos/as veciños/as, para mellorar as nosas condicións de vida e para defender os intereses do noso Concello e das nosas xentes, tanto dos que vivimos aquí como ós dos que viven no exterior.
O PP de A Pontenova rachou con vellas formas, e síntese orgulloso de liderar unha opción política democrática, liberal e aberta onde todos e todas tedes cabida, sen ningún tipo de discriminación.
Estamos sempre á túa disposición. Unha aperta
David Jorge García García
Presidente da Xunta Local do Partido Popular

