Este xoves 26 de xaneiro ás 20:00 horas celebrouse Pleno Ordinario da Corporación Municipal de A Pontenova. A Acta deste Pleno pódela consultar na páxina do Concello, no seguinte enlace: http://www.concellodapontenova.org/.
Polo que respecta ás Mocións presentadas o Partido Popular presentou unha SOBRE AS OBRAS A EXECUTAR CO PLAN ESTRATÉXICO DE INFRAESTRUTURAS NO MEDIO RURAL da Xunta de Galicia e na que pediamos que se arranxasen as seguintes pistas:
• Vilargondurfe: pista do centro do pobo
• Vilaboa: tres rúas do casco
• Vilar de Guerra: a pista que vai á Panturreira
• Eirixúa: acceso
• Rececende: pista do Iglesario
• Vilaodriz: os 2 accesos ao campo da festa
• Vilaouruz: a pista de acceso á Igrexa desde a pista principal e a pista que vai ao depósito da auga
• Santo Estevo: a pista de Covas no Acebro
• Conforto: pista de Conforto ao Vilar
ESTA MOCION FOI REXEITADA POLO GRUPO SOCIALISTA.


